jueves, 28 de junio de 2012

Bo verán a todos!!

Este é un dos videos que se grabaron do festival de fin de curso. Hai máis pero non se van facer públicos.Verémolos no cole na primeira reunión do próximo curso.

Despedímonos dende aquí de Kevin, que empeza unha nova etapa en Primaria.
Despedímonos tamén de Martin, do seu irmán Emil e dos seus papás Angela e Marco que veñen de iniciar tamén unha nova etapa da súa vida en Cerdeña (Italia).
 Desexámoslle o mellor!!!

Recordamos a todos os papás e mamás que o día 3 de setembro convocarase unha reunión previa ao inicio do curso 2012-13 que comenzará o mércores día 12 de setembro de 2012
en infantil e primaria.

Video inglés fin de curso

miércoles, 27 de junio de 2012

Fin de curso

O 22 de xuño foi a festa de fin de curso. Algúns momentos para recordar:
A merendola
O xogo cos globos que nos preparou Loli, a mamá de Elia
E o xogo da corda que lle apetecía a Kevin




martes, 26 de junio de 2012

Existe na escola un fondo do mar


Fondo do mar de Elia con unha quenlla (tiburón), un atún, cunchas, algas e unha langosta.
Fondo do mar de Kevin con unha rescaza vermella, un peixe escorpión laranxa, un .peixe vaca amarelo, algas e un pingüino
Fondo do mar de Alex con peixe serra gris oscuro,quenlla (tiburón) martelo gris claro, peixe pelícano laranxa e centola vermella.

O fondo do mar de Rodrigo coa rescaza vermella, o peixe vaca amarelo, o peixe escorpión laranxa e a estrela de mar.
Benvidos ao fondo do mar!

martes, 5 de junio de 2012

A figueira de Pelostortos

Esta é a nosa figueira, mellor dito "A figueira de Pelostortos"

Resumo da metamorfose do verme de seda

2 de marzo: Os vermes de seda empezan a saír do ovo ao mesmo tempo que brota a moreira.
Comen e comen, crecen e crecen durante dous meses.
2 de maio: Cando se cansan de comer, empezan a facer o casullo
28 de maio: saen sa primeiras bolboretas do casullo
1 de xuño: Aparéanse e fan a posta dos ovos
A vida das bolboretas é moi breve, pero os ovos permanecerán enquistados ...
ata a próxima primavera

Repetimos o glogster para practicar as cancións!

Coñecemos o mar!