sábado, 22 de junio de 2013

Fin do curso 2012-13

O día 20 de xuño ía ser a Festa da auga, non foi posible,
pero pasámolo pipa xogando no patio co camión do cole que para esta ocasión se transformou no autobús onde proximamente irán Rodrigo e Alex ao cole Isidora Riestra.

 

O día 21 de xuño fixemos a nosa grande festa de fin de curso,
 unha festa plurilingüeonde houbo 
un conto en galego "A galiña roxa",
 unha canción en inglés " Clap, clap, clap your hands" 
e unha canción en castelán de piratas "Va navegando, el capitán".
Acabamos de recibir fotos do evento pero os vídeos aínda non están dispoñibles.

A galiña roxa cos seus pitiños

A pata barulleira e a vaca cansa

O gato durmiñón e o can lacazán

A galiña roxa aquí co muiñeiro

Foto de familia
Esperamos publicar en breve os videos das esperadas actuacións!!!

viernes, 14 de junio de 2013

Verán e sol, area e mar...

Este verán cando vaiamos á praia temos que 
estar atentos a todos os seres vivos que hai no mar.
Hai que coidalos. 
Aquí unha mostra dos que fixemos hoxe no cole con plastilina...

Lim do verán


Por fin chegou a primavera...

Chegou a primavera
 ao noso mural do cole
 (despois dun duro inverno)
 e ao noso patio!! 
Non foi sen tempo..






.

Visitamos a Casa de Colón en Portosanto

jueves, 13 de junio de 2013

Preparamos a visita á Casa de Colón

O día 11 de xuño de 2013
as escolas unitarias de Poio
visitamos esta casa que é
a Casa de Colón en Portosanto

viernes, 7 de junio de 2013

Un día na granxa Kiriko

Aquí estamos na presentación dos monitores


Meli, Belén e Goku
que nos contaron un conto dun neno
 que ten que aprender a utilizar

os sentidos na granxa


Nós usamos o tacto ao amasar as rosquillas,
antes a vista para sacar as malas herbas no invernadoiro
o gusto ao comer croquetas
e macarróns... umm

Necesitamos boa vista, oído e tacto
 para xogar e compartir
os columpios

Necesitamos case todos os sentidos:
vista, oído, olfacto e tacto
cando visitamos aos animais da granxa
E todo o corpo cando nos botamos
a rolos pola herba.

De fin de festa, comemos as rosquillas,
Qué bo día pasamos!!
Tivemos moito gusto de visitar Granxa O Kiriko!!



lunes, 3 de junio de 2013

Vermes de seda

Mirade como crecen!!!
como fan o casulo!!!