viernes, 22 de febrero de 2013

Imos aprender Educación Vial...

Estes días imos aprender Educación Vial, Sona a algo importante!!! Xa veremos Mentras tanto, entramos na páxina web de Tráfico a ver se nos enteramos de algo...Ao entrar imos a Recursos e despois a Interactivos- Entrar
http://www.aprendeeducacionvial.es/

Ou tamén podemos ir á páxina de Educapeques e accedemos a Educación Vial- Entrar http://www.educapeques.com/educacion-vials

 A xogaar!!!

miércoles, 20 de febrero de 2013

Tristán cara de can

O mércores día 20 de febreiro de 2013
fomos ao teatro Novacaixagalicia
estivemos ben sentados e calados
"Había un can (que era un chico) que non sabía onde estaba a chica
que se meteu nunha casa (que era unha caixa).
A chica estaba na casa e lle botaba pelotas.
E había un paxaro que lle levou o corazón. 
O chico caeu e quedou morto.
A chica fíxolle cosquillas, despois chorou, quitoulle as orellas, pero despois doulle o corazón.
Ao final, o chico estaba na casa do can e a chica tamén porque chovía.
 E poñía FIN.

A uns o que máis lle gustou foi cando a chica lle dou unha torta ao chico (de bromas).
A outro cando lle fixo cosquillas, a outro cando lle roubou as orellas...
pero a todos nos gustou TRISTÁN CARA DE CAN.

domingo, 10 de febrero de 2013

domingo, 3 de febrero de 2013

viernes, 1 de febrero de 2013

Convivimos en paz

O día 30 de xaneiro foi o  Día Escolar da Paz. A nosa escola festexouno nunha fermosa convivencia coa EEI Portosanto e a EEI Albar no CEIP Isidora Riestra
Primeiro merendamos e xogamos cos alumnos de infantil do cole no seu patio de recreo
Despois os alumnos de 5 anos da escola déronnos globos, uns dorsais de Save the Chlidren para a carreira e , o máis importante, déronnos a man para acompañarnos ao patio 
Aquí estamos escoitando a historia de Irene Sendler, unha muller que salvou a moitas persoas da persecución nazi. Ainda que non entendemos moito estivemos ben caladiños

Logo soltaron os globos, que voaron moi alto

Cantamos unha fermosa canción e queimamos todas as palabras feas
E... chegou o máis esperado 
A carreira pola paz 
que na categoría infantil gañou o noso Alex
ainda que o mellor foi que todos participaron e todos chegaron. 

Un fermoso día de convivencia en PAZ