Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de febrero de 2013

Convivimos en paz

O día 30 de xaneiro foi o  Día Escolar da Paz. A nosa escola festexouno nunha fermosa convivencia coa EEI Portosanto e a EEI Albar no CEIP Isidora Riestra
Primeiro merendamos e xogamos cos alumnos de infantil do cole no seu patio de recreo
Despois os alumnos de 5 anos da escola déronnos globos, uns dorsais de Save the Chlidren para a carreira e , o máis importante, déronnos a man para acompañarnos ao patio 
Aquí estamos escoitando a historia de Irene Sendler, unha muller que salvou a moitas persoas da persecución nazi. Ainda que non entendemos moito estivemos ben caladiños

Logo soltaron os globos, que voaron moi alto

Cantamos unha fermosa canción e queimamos todas as palabras feas
E... chegou o máis esperado 
A carreira pola paz 
que na categoría infantil gañou o noso Alex
ainda que o mellor foi que todos participaron e todos chegaron. 

Un fermoso día de convivencia en PAZ

lunes, 28 de enero de 2013

miércoles, 1 de febrero de 2012

30 de xaneiro, día da Paz


O día 30 de xaneiro, é o día escolar da Paz.









Con Hermitas, a profe de Relixión
fixemos pombas da Paz.








Pero este ano foi especial porque Pilar, a orientadora e Moncho, o director do CEIP Isidora Riestra, ( Cole da Seca) nos invitaron a participar con eles nunha xornada moi bonita.

Tiñamos que levar cadansaeu brick con terra para plantar unha semente .
Ana, da Casa Rosada, falounos do importante que é coidar a planeta, a terra, as plantas.



Moncho, o dire do cole, regou as plantas para que crezan moito.

Silvia, Nerea, Marta Maquieira e Marta Rodríguez
viñéronnos saudar porque di a profe que hai moitos anos estiveron no noso cole.

Pero o que máis nos gustou foi a carreira...
Casi gana un dos nosos.