Mostrando entradas con la etiqueta casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta casa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de mayo de 2013

O que máis nos gustou da visita á Casa Rosada

O martes día 14 visitamos a Casa Rosada de Poio,
 Ana nos contou que se chama así porque ao principio chmábase 
Centro de Servicios Sociais
pero era un nome moi longo e a xente cambioullo porque era de cor rosa 
e é moito máis fácil de lembrarse
O que máis nos gustou foi:
- Que miramos arredor da casa, que había un parque para xogar e un desfile
-A chica que estivo poñendo as botas e unha cousa de mirar así
 que foi de excursión a África, ao iglú á Antártida y a máis sitios (Rodrigo cre que non foi a todos os sitios)

-Un poliño que estaba nun ovo na Casa Rosa, que rompeu a cáscara porque xa estaba grande, que saiu do ovo e a súa mamá lle berrou e a súa mamá era unha chica.


-Que comemos tarta e nos gustou 
a tarta e a pizza
-Que nos regalaron unha casiña
 para que vivan os paxaros
 que atopemos no patio

Gracias a todo o persoal da Casa Rosada e do Concello por este día de convivencia tan bonito






Visita á Casa Rosada de Poio





lunes, 13 de mayo de 2013

Chozas en Africa

O martes 14 de maio faremos unha visita á Casa Rosada de Poio,
é unha casa moi bonita de cor rosa, como di o seu nome;
alí falaremos dos diferentes tipos de casas que hai no mundo
que non son todas como as nosas: grandes, con baño, cociña, xardín e piscina.
 Na escola de Sartal fixemos chozas de África, 
que alí se fan con barro pegado con esterco de vaca ou doutro animal e con palla no tellado.
 Non teñen baño e hai que ir fóra.
En Senegal chámanlle "Cases".

 Pero o importante dunha casa é vivir cos papás e as mamás e os irmáns 
e portarse ben todos e quererse moito.
Nós fixémolas con envases de auga;
as paredes forrámolas con cartulina pintada a esponxa 
e o tellado con cartolina corrugada e con pallas de cartolina marrón.
O chan parece area de verdade pero non é; é un lenzo pintado de amarelo a esponxa.
Os tellados déronnos moito traballo pero quedaron ben bonitos, non si???

jueves, 1 de diciembre de 2011