miércoles, 28 de noviembre de 2012

martes, 20 de noviembre de 2012

Visitamos a Picasso


 Hoxe, martes día 20 de novembro visitamos a Picasso
 no Café Moderno de Novacaixagalicia.
Xa sabiamos que Picasso pinta un pouco raro
 porque miramos algúns cadros en Internet...
Invitáronnos a sentarnos nun Salón moi grande do Café Moderno
Logo subimos á Sala de Exposicións

Alberto contounos cómo elaboraba Picasso os seus cadros de bodegóns e retratos 
utilizando formas xeométricas como as que estudamos nós no cole:
 cadrados, triángulos, círculos, óvalos
E aquí estamos nós facendo un retrato como o facía Picasso:
unha cara de frente, un perfil, outro perfil... e xa está.
Superfácil... Non era para tanto!!!

domingo, 18 de noviembre de 2012

A maleta dos ratiños

Estes días -aproveitando que a profe está facendo un curso sobre Aprendizaxe cooperativa- ímonos presentar ao grupo mostrando os nosos obxectos máis preciados, que ninguén no cole coñece.

Este venres foron a profe Angeles e a profe Lidia as que presentaron as súas maletas.




Foto da profe Angeles cando era pequena cos seus papás e os seu 6 irmáns, si 6!

Lidia trouxo o seu peluche preferido e fotos de cando estudou neste mesmo cole
Agora lle toca a cada neno traer os seus obxctos preciados. Seguiremos informando!!

sábado, 17 de noviembre de 2012

O outono na fraga

Quen é quen???

A ver quen é quen de adiviñar cales destes froitos secos son de verdade e cales son de mentira


améndoas
castañas
cacahuetes












noces

Castañas, ricas castañas!!!

O papa de Breogan encargouse de asar as castañas



Nós encargámonos de comelas. Que boa pinta teñen e que boas están!!
Nestas cestiñas levamos unhas poucas castañas para casa


O outono no patio

jueves, 15 de noviembre de 2012

Recibimos a Lidia

O luns día 12 de novembro de 2012
chegou ao noso cole Lidia, que vai ser a nosa profe en prácticas durante moitos meses.
Ímonos portar moi ben con ela e traballar moito.

jueves, 1 de noviembre de 2012