martes, 27 de marzo de 2012

Conto de ratiños do martes

NUBES

Un ratiño foi pasear coa súa nai.
Subiron ao cume dun monte e puxéronse a mirar para o ceo.


-Mira, vense figuras nas nubes! -dixo a nai.


O ratiño e a súa nai viron moitas figuras. Viron un castelo... un coello... un rato.
-Vou coller unhas flores -dixo a nai.


-Eu vou quedar aquí a mirar as nubes -dixo o ratiño.


O ratiño viu no ceo unha gran nube, que se fixo máis e máis grande. A nube converteuse nun gato. O gato achegábase cada vez máis ao ratiño.


- Acúdeme! -berrou o ratiño. E botouse a correr cara a súa nai.


-Hai un gato enorme no ceo! Teño medo! -choromicou o ratiño.


A nai mirou para o ceo e díxolle: - Non te asustes. Ves? O gato volveuse nube outra vez.


O ratiño viu que era certo e sentiuse mellor. Axudoulle á súa nai a coller flores, pero non volveu mirar o ceo no resto da tarde.

lunes, 26 de marzo de 2012

Unha de ratiños

Hoxe atopamos na biblioteca do cole un libro marabilloso :
"Contos de ratiños" Arnold Lobel. Editorial Kalandraka.
Ímolo aproveitar para contar un conto cada día da semana.


-Papá, xa estamos todos na cama -dixeron os ratiños. Anda, cóntanos un conto.
-Farei algo mellor-dixo o Papá-. Contareivos sete contos...


E o Papá comezou...
O POZO DOS DESEXOS


Un día, unha ratiña atopou un pozo dos desexos.

-Agora, todos os meus desexos se van cumprir! -exclamou.

Botou unha moeda no pozo e pediu un desexo.

-Ai! -dixo o pozo.


Ao día seguinte, a ratiña volveu ao pozo.

Botou unha moeda dentro do pozo e pediu outro desexo.

Ai! -dixo o pozo.


Ao día seguinte, a ratiña volveu e botou outra moeda no pozo.

-Quero que este pozo non diga máis ai -dixo.
-Como doe! -dixo o pozo.


-Que podo facer? Así, os meus desexos nunca se van cumprir -choromicou a ratiña.

Entón, a ratiña correu ata a casa e colleu a almofada da súa cama.

-Isto podería valerme! -dixo a ratiña. E volveu correndo ao pozo.


A ratiña tirou a almofada dentro do pozo. Despois botou unha moeda dentro do pozo e formulou un desexo.

-Ah, isto é outra cousa! -dixo o pozo.

-Ben! Agora podo empezar a pedir desexos -dixo a ratiña.


Despois daquel día, a ratiña pediulle moitos desexos ao pozo.
E todos se cumpriron.

domingo, 25 de marzo de 2012

Seguimos pesando...Que pesados!

Imos comprobar cal pesa máis destes dous desparafusadores.


Os ratiños din que pesa máis o de ferro porque é máis longo...E ti?


Agora din que destes dous animais pesará máis o que é máis pequeno!


Quen os entende!

Imos mercar alimentos


Experimentamos co peso das cousas

Aquí estamos de novo os ratiños experimentando:
Que pesará máis? Por que?



E agora, se unha das pezas a estiramos moito?

Os ratiños din que pesará máis a máis longa, e ti?




E si a enroscamos, cal pesará máis?




E si a rompemos e moitos trozos pequenos?









Pois resulta que sempre pesan o mesmo! Que raro!!!

viernes, 23 de marzo de 2012

martes, 20 de marzo de 2012

Aniversario de Martin

O luns día 19 de marzo foi o 5º aniversario de Martin.
Aproveitando que estamos coa unidade de alimentación
os seus pais invitáronnos a unha merenda saudable:
había pan, queixo e mortadela; zume de melocotón e uva, de laranxa tamén;
ovos de codorniz; tomates (pomodoros) pequenos, rabaniños
e cenorias (carotas en italiano);
unha merenda completa e moi moi saudable.
Que rico todo, gracias papás.



martes, 13 de marzo de 2012

Outra sorpresa!

Tamén vimos observando que os bulbos que prantamos o Día da Paz
empezaron a crecer e... de repente

A primaveira chegou á nosa escola

Este luns día 12 de marzo observamos certos cambios no patio:
Brotou a árbore da moreira

Fomos á caixa dos ovos dos vermes de seda e...sorpresa ¡¡están saíndo!!





Así que mirade aquí que contentos están os vermes que veñen de nacer




Xogamos coa Dirección General de Tráfico


martes, 6 de marzo de 2012

Salón do libro

Hoxe día 6 de marzo de 2012 visitamos o Salón do libro de Pontevedra.

Foi unha experiencia maravillosa.
O que máis nos gustou foi este gato negro e a visita do lobo Orbil.Andrea-a contacontos- tiña moito medo aos monstros pero aínda así contounos algúns contos de medo e outros de risa, como este das Pousadeiras do rei.A ambientación do Salón era espectacular, con gatos negros e espellos rotos pero tamén con trevos de 4 follas e patas de coello.
Non deixedes de visitalo. Paga a pena. Hai máis fotos

Mural dos transportes

preview21 pieceMural

jueves, 1 de marzo de 2012