Un ratiño foi pasear coa súa nai.
Subiron ao cume dun monte e puxéronse a mirar para o ceo.
-Mira, vense figuras nas nubes! -dixo a nai.
O ratiño e a súa nai viron moitas figuras. Viron un castelo... un coello... un rato.
-Vou coller unhas flores -dixo a nai.
-Eu vou quedar aquí a mirar as nubes -dixo o ratiño.
O ratiño viu no ceo unha gran nube, que se fixo máis e máis grande. A nube converteuse nun gato. O gato achegábase cada vez máis ao ratiño.
- Acúdeme! -berrou o ratiño. E botouse a correr cara a súa nai.
-Hai un gato enorme no ceo! Teño medo! -choromicou o ratiño.
A nai mirou para o ceo e díxolle: - Non te asustes. Ves? O gato volveuse nube outra vez.
O ratiño viu que era certo e sentiuse mellor. Axudoulle á súa nai a coller flores, pero non volveu mirar o ceo no resto da tarde.

Un día, unha ratiña atopou un pozo dos desexos.






Fomos á caixa dos ovos dos vermes de seda e...sorpresa ¡¡están saíndo!!

Andrea-a contacontos- tiña moito medo aos monstros pero aínda así contounos algúns contos de medo e outros de risa, como este das Pousadeiras do rei.
A ambientación do Salón era espectacular, con gatos negros e espellos rotos pero tamén con trevos de 4 follas e patas de coello. 
