martes, 27 de marzo de 2012

Conto de ratiños do martes

NUBES

Un ratiño foi pasear coa súa nai.
Subiron ao cume dun monte e puxéronse a mirar para o ceo.


-Mira, vense figuras nas nubes! -dixo a nai.


O ratiño e a súa nai viron moitas figuras. Viron un castelo... un coello... un rato.
-Vou coller unhas flores -dixo a nai.


-Eu vou quedar aquí a mirar as nubes -dixo o ratiño.


O ratiño viu no ceo unha gran nube, que se fixo máis e máis grande. A nube converteuse nun gato. O gato achegábase cada vez máis ao ratiño.


- Acúdeme! -berrou o ratiño. E botouse a correr cara a súa nai.


-Hai un gato enorme no ceo! Teño medo! -choromicou o ratiño.


A nai mirou para o ceo e díxolle: - Non te asustes. Ves? O gato volveuse nube outra vez.


O ratiño viu que era certo e sentiuse mellor. Axudoulle á súa nai a coller flores, pero non volveu mirar o ceo no resto da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario