viernes, 1 de febrero de 2013

Convivimos en paz

O día 30 de xaneiro foi o  Día Escolar da Paz. A nosa escola festexouno nunha fermosa convivencia coa EEI Portosanto e a EEI Albar no CEIP Isidora Riestra
Primeiro merendamos e xogamos cos alumnos de infantil do cole no seu patio de recreo
Despois os alumnos de 5 anos da escola déronnos globos, uns dorsais de Save the Chlidren para a carreira e , o máis importante, déronnos a man para acompañarnos ao patio 
Aquí estamos escoitando a historia de Irene Sendler, unha muller que salvou a moitas persoas da persecución nazi. Ainda que non entendemos moito estivemos ben caladiños

Logo soltaron os globos, que voaron moi alto

Cantamos unha fermosa canción e queimamos todas as palabras feas
E... chegou o máis esperado 
A carreira pola paz 
que na categoría infantil gañou o noso Alex
ainda que o mellor foi que todos participaron e todos chegaron. 

Un fermoso día de convivencia en PAZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario