lunes, 13 de mayo de 2013

Chozas en Africa

O martes 14 de maio faremos unha visita á Casa Rosada de Poio,
é unha casa moi bonita de cor rosa, como di o seu nome;
alí falaremos dos diferentes tipos de casas que hai no mundo
que non son todas como as nosas: grandes, con baño, cociña, xardín e piscina.
 Na escola de Sartal fixemos chozas de África, 
que alí se fan con barro pegado con esterco de vaca ou doutro animal e con palla no tellado.
 Non teñen baño e hai que ir fóra.
En Senegal chámanlle "Cases".

 Pero o importante dunha casa é vivir cos papás e as mamás e os irmáns 
e portarse ben todos e quererse moito.
Nós fixémolas con envases de auga;
as paredes forrámolas con cartulina pintada a esponxa 
e o tellado con cartolina corrugada e con pallas de cartolina marrón.
O chan parece area de verdade pero non é; é un lenzo pintado de amarelo a esponxa.
Os tellados déronnos moito traballo pero quedaron ben bonitos, non si???

No hay comentarios:

Publicar un comentario