lunes, 13 de mayo de 2013

Teatro "A caixa de música"

 O 10 de maio fomos ao Teatro a ver unha obra chamada "A caixa de música".
Aquí estamos nós-os de verde- e moitos máis nenos dun montón de escolas.
Chegamos moi pronto e tivemos que esperar a que se enchera o teatro,
 aburrímonos un pouco, a ver cando empeza!!!
Pero nos portamos moi ben, mellor dito, Requetebén!!!












Había unha caixa de música e un señor e
 un mono e unha nena que eran marionetas;
 non, o señor non era marioneta,
 bo un pouco marioneta si que era...
O mono subiuse á caixa de música e a tirou
 e o señor veu e a levantou e lle berrou.

 E tres señores tocaban a música;
 tiñan un piano, un violín e un laxofón
 (non, saxofón que era o de ouro). 
Que o violín se toca así: pós a guitarra no pescozo e co pau tocas así...
 O que máis nos gustou foi cando o mono estaba saltando á comba e cando tirou a caixa;
 tamén a abella.
 Nos gustou moito a música da abella, que di a profe que se facía co violín.
Se ela o di...





domingo, 12 de mayo de 2013

Dia das Letras Galegas

Para aprender algo sobre Roberto Vidal Bolaño, imos á paxina de Actidades Lim.

martes, 30 de abril de 2013

Aquí un pequeno extracto da nosa actuación

O noso maio

Así estaba o noso maio ás 09:00h
Así estaba ás 10:00h
Aquí estamos os nenos enfiando 

pampullos e pampullos

moi concentrados ...
Así estaba o maio ás 11:00

Pero os nenos seguían enfiando
laranxas, ovos...
e tamén pampullos


Lidia e os papás enfiaron os colares para os nenos
Aquí estamos cantando o maio ás 13:00h

e aquí posando para a foto.

Gracias a todos os papás e mamás pola súa colaboración e a súa presencia na festa!!

Breve historia dos vermes de seda

No mes de abril
saíron os vermes dos casulos 

Trouxémoslle comida de fóra
porque as nosas moreiras aínda non botaran as follas
empezaron a comer ...
e poucos días despois morreron.
FIN

martes, 9 de abril de 2013