lunes, 13 de mayo de 2013

Teatro "A caixa de música"

 O 10 de maio fomos ao Teatro a ver unha obra chamada "A caixa de música".
Aquí estamos nós-os de verde- e moitos máis nenos dun montón de escolas.
Chegamos moi pronto e tivemos que esperar a que se enchera o teatro,
 aburrímonos un pouco, a ver cando empeza!!!
Pero nos portamos moi ben, mellor dito, Requetebén!!!












Había unha caixa de música e un señor e
 un mono e unha nena que eran marionetas;
 non, o señor non era marioneta,
 bo un pouco marioneta si que era...
O mono subiuse á caixa de música e a tirou
 e o señor veu e a levantou e lle berrou.

 E tres señores tocaban a música;
 tiñan un piano, un violín e un laxofón
 (non, saxofón que era o de ouro). 
Que o violín se toca así: pós a guitarra no pescozo e co pau tocas así...
 O que máis nos gustou foi cando o mono estaba saltando á comba e cando tirou a caixa;
 tamén a abella.
 Nos gustou moito a música da abella, que di a profe que se facía co violín.
Se ela o di...





No hay comentarios:

Publicar un comentario